Memoria de Actividades 2001-2003

No mes de febreiro de 2001 documentouse a constitución da asociación, inscribíndose no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma Galega co número 652/01.

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:
Charla informativa sobre os efectos nocivos da instalación dun parque eólico na Serra do Candán (Marzo, 2001).

Participación na marcha contra a instalación do parque eólico, organizada por Adega (Marzo, 2001).

Integración na Coordenadora pola Defensa do Río Lérez e participación nunha marcha no municipio de Cotobade. (Maio, 2001).

Presencia na manifestación polo Día Mundial do Medioambiente, celebrada en Vilagarcía de Arousa (Xuño, 2001).

Presentación de alegacións contra a instalación do parque eólico Touriñán III diante da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental. (Xaneiro, 2002).

Marcha ó Xeixo para denunciar a falta de limpeza do entorno e os danos medioambientais causados polo parque eólico. (Marzo, 2002).

Convocatoria dun certame para escolares de debuxo e redacción sobre os parques eólicos. (Marzo, 2002).

Solicitude ó Concello de Cerdedo do artellamento do Roteiro Sarmiento, a súa sinalización, identificación dos elementos de interese, colocación dunha placa conmemorativa no Pazo das Raposeiras e a posibilidade de crear un centro de interpretación da súa figura. (Maio, 2002).

Verbo Xido súmase á convocatoria da Plataforma Nunca Máis, para protestar polo desastre do Prestige, en Santiago (Decembro 2002).

Como membro da plataforma Nunca Máis, Verbo Xido organizou un encontro coas xentes do mar que se celebrou en Pedre, coa presencia de voluntarios que recolleron chapapote en distintos puntos do litoral, os representantes das confrarías de A Illa de Arousa, Cambados e O Grove, representantes veciñais, sindicalistas, músicos e poetas, que se complementou cun traballo de vídeo. Entre os presentes atopáronse os alcaldes de Pontevedra, Xinzo da Limia e A Illa de Arousa (Xaneiro 2003).

Concentracións en Cerdedo e Soutelo contra a guerra de Iraq, convocadas por Verbo Xido (Abril, 2003).

Limpeza da Calzada e a Ponte Romana de Cerdedo (Maio, 2003).

Verbo Xido apoia a reivindicación dos veciños de Cachafeiro de sinalizar un cruce perigoso (Setembro 2003).

Conmemoración 1º Aniversario de Nunca Máis e acto contra da Guerra do Iraq, con proxección de vídeos, exposición sobre as marés negras e mesa redonda con presencia de poetas e activistas contra da guerra, Soutelo de Montes (Novembro, 2003).

Presencia na manifestación contra Celulosas celebrada en Pontevedra (Decembro 2003).

Verbo Xido adhírese ao Congreso da Memoria da Represión Franquista, celebrado en Narón (Coruña).

ACTIVIDADES CULTURAIS:

Exposicións do fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado no Centro Etnográfico da Terra de Montes (Soutelo) e en Cerdedo (Maio e Xuño, 2001).

Proposta, dirixida ó Concello de Cerdedo, para que inclúa unha serie de elementos arquitectónicos no catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. (Xullo, 2001).

Exposición en Soutelo sobre Luís Amado Carballo e conferencia do profesor Xosé Abilleira, autor dunha biografía sobre o poeta. (Novembro, 2001).

Exposición sobre Luís Amado Carballo en Cerdedo, que coincidiu coa inauguración polo Concello dunha sá de exposicións no colexio público, a proposta de Verbo Xido. (Decembro, 2001).

Entrega de agasallos aos grupos escolares que participaron no Certame sobre os Parques Eólicos (Abril 2002).

Conferencia na Casa da Cultura de Cerdedo verbo da relación do Padre Sarmiento con Cerdedo a cargo do profesor e historiador Carlos Solla (Abril, 2002).

Edición dun catálogo sobre a relación do Padre Sarmiento con Cerdedo.
Realización do roteiro levado a cabo polo Padre Sarmiento, en 1745, entre Cerdedo e Meilide, pasando polo Pazo das Raposeiras (Maio, 2002).

Conferencia sobre “O Padre Sarmiento e a lingua galega” de Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, en Soutelo (Xuño, 2002).

Exposición sobre a vida e obra do Padre Sarmiento, cedida polo Concello de Pontevedra, en Soutelo (Xuño, 2002).

Presentación do voceiro de Verbo Xido (Xullo, 2002).

Mostra “Cerdedo en dúas visións”. Con óleos de Francisco Sutil, música do grupo “Rabisaco” e presentación da obra “Materiais para o estudo da freguesía de Cerdedo”, de Carlos Solla (Xullo, 2002)

Presentación do nº2 do voceiro Verbo Xido (Agosto 2002).

Conferencia en Soutelo sobre “Unha arqueoloxía da emigración: Terra de Montes”, por Alfredo González, presentada por Manuel Blanco. (Agosto, 2002).

Participación na homenaxe ao poeta Luís Amado Carballo, no 75 aniversario do seu pasamento, en Pontevedra (Setembro, 2002).

Verbo Xido guía en Cerdedo o último tramo dunha rota organizada polo Concello de Pontevedra na honra de Sarmiento (Novembro 2002).

Presentación no Pazo das Raposeiras (Meilide-Cerdedo) do libro “Cerdedo na obra do Padre Sarmiento”, de Carlos Solla, editado conxuntamente entre Verbo Xido e o Concello de Cerdedo (Decembro 2002).

Inauguración do II Roteiro Sarmiento, polo monte do Seixo (Decembro 2002).

Participación no Pazo de Congresos de Pontevedra, na actividade Mil Primaveras máis para a nosa lingoa que culminaba o Ano Sarmiento, organizado polo Concello de Pontevedra (Decembro 2002).

Realización dunha asemblea xeral anual de socios e socias, seguida dunha cea de confraternidade en Soutelo de Montes (Decembro 2002).

Nº 3 Boletín Verbo Xido (Decembro, 2002).

Edición do traballo gañador do concurso sobre os parques eólicos, elaborado por rapaces de ensino primario (Abril, 2003).

Nº 4 Boletín Verbo Xido (Maio, 2003).

Organización dunha charla e un concerto do grupo musical A Quenlla en Cerdedo (Xullo, 2003).

I Edición de Terra de todos: “Encontros na Terra de Montes”. Na primeira xornada, o escitor Xosé Vázquez Pintor falou dos vellos oficios; na segunda, Luis Gil e Alfredo González abordaron a recuperación da Calzada e a Ponte Romana de Cerdedo e na terceira a poesía e a música déronse a man con Antón Dobao, Elvira Ribeiro, Joseph Ghamine, Uxío Outeiro e a guitarra de Ramón Suárez. (Agosto, 2003)

Nº5 Boletín Verbo Xido (Agosto 2003).

Nº6 Boletín Verbo Xido (Novembro, 2003).

III Roteiro Padre Sarmiento polo Monte de O Seixo, Cerdedo (Decembro 2003).

CETMO:

Exposición do fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado (Maio, 2001).

Campaña informativa dirixida ós colexios da comarca para ofertárlle-la posibilidade de visita-lo Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) (Xaneiro 2002).

Visitas guiadas ao CETMO dos Colexios de O Foxo (A Estrada) e Obradoiro de Emprego Terra de Montes IV (Aciveiro-Forcarei) (Marzo 2002).

Visitas guiadas ao CETMO dos Colexios de Montillón e Figueroa, ambos de A Estrada (Abril 2002).

Visita guiada ao CETMO do CEIP de Beariz (Maio 2002).

Visitas guiadas ao CETMO da Asociación de Amigos dos Pazos de Vigo, da Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo, e do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra (Xuño 2002).

Visita guiada ao CETMO dun grupo de rapaces da Asociación de Tempo Libre Mistura, de A Estrada (Xullo 2002)

Visita guiada ao CETMO dun grupo de persoas da 3� Idade da Coruña, organizada polo Centro Comarcal de A Estrada (Outubro 2002).

Visita guiada ao CETMO dun grupo de escolares do CEIP de Soutelo de Montes (Novembro 2002).

Visita guiada dun grupo de persoas pertencentes á Asociación Amigos de Terra de Montes (Febreiro 2003).

Lectura pública do Manifesto redactado por Manolo Rivas para o Concerto Expansivo organizado pola Plataforma Nunca Máis (Marzo 2003).

Exposicións no CETMO de Soutelo, Forcarei (instituto) e Xinzo de Limia das viñetas dos debuxantes de Faro de Vigo Luis Davila e Javier Aguilera sobre o desastre ecolóxico do Prestige (Abril 2003).

Visita guiada ao CETMO dun grupo de pelegríns a Compostela, procedentes dos catro continentes (Xullo 2003).

Visita guiada ao CETMO da Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda (A Estrada) (Outubro 2003).

A título individual pasaron polo CETMO varios milleiros de visitantes dende que abriu as portas en 2000 e no rexistro atópanse firmas desde Brasil a EEUU, pasando por Canadá, Australia, Venezuela, Suíza ou Holanda, así como da práctica totalidade das provincias do Estado español.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s