PROPOSTA DE ACTIVIDADES APROBADAS POLA ASEMBLEA PARA 2012

Na Asemblea Anual da asociación Verbo Xido de Terra de Montes que se realizou esta pasada fin de semana no Centro Cultural de Cerdedo, ademais de aprobar a xestión da Xunta Directiva durante o ano 2011, levada adiante por Lola Varela, Isidro Peleteiro, Valentín García Bóveda, Roberto Vázquez e Constantino González Penas, presentouse o Boletín nº 25 conmemorativo do 10 aniversario da asociación, fíxose un balance positivo das variadas actividades realizadas ao longo do ano, aprobándose as seguintes propostas de actividades para desenvolver este ano 2012:
– Colaboración con ADEGA no proxecto aprobado no GDR 20 para defensa e conservación dos ríos.
– Realización do III Serán de Terra de Montes en Soutelo entre finais de marzo e comezo de abril.
– Realización dun pequeno serán na carballeira de Doade (Beariz) no mes de setembro en colaboración con asociacións da zona.
– Realización dun Roteiro a Castrodiz, na parroquia de Castro en Cerdedo.
– Realización dun Roteiro desde o nacemento do río Verdugo ata a ermida de Santo Domingo, pasando por Ratel, Cernadelo, as minas de Presqueiras…
– Celebración do centenario do nacemento de Antonio Rodríguez Fraíz en colaboración co Pedrón de Ouro, mediante a colocación dunha foto senlleira de quen foi Cronista da Terra de Montes na recén creada galería de persoeiros da zona no CETMo, e coa organización dun acto en Cerdedo sobre a súa contribución á Memoria Histórica, perceptible desde os seus traballos na Gran Enciclopedia Gallega, o día 13 de agosto en recordo das vítimas do franquismo.
– Organización da homenaxe ás vítimas do franquismo na Terra de Montes na Ponte do Barco (Pedre/Cerdedo) o 13 de agosto.
– Realización no outono dunha mesa redonda sobre as consecuencias da posible apertura dunha explotación mineira na zona de Presqueiras e Rubillón, en lugar a determinar (Soutelo de Montes ou Presqueiras).
– Colaboración coa Plataforma contra a Incineración e polo Reciclaxe da que formamos parte, na realización en datas próximas dun acto informativo en Soutelo de Montes, coa Comunidade de Montes de Soutelo, a Pataforma contra a Incineradora do Deza e a Federación Ecoloxista Galega.
– Solicitude ao concello de Cerdedo para que se coloque unha placa en recordo dos afamados canteiros e construtores Pedro de Monteagudo e os seus fillos, no lugar da Caramoniña en Castro Domedio (Cerdedo).
– Colaboración na celebración cívica do aniversario da Constitución liberal de 1812 en Soutelo de Montes, pedindo xunto coa veciñanza do lugar ao Concello de Forcarei a reposición da placa alusiva a esta conmemoración na actual praza da Constitución.
– Visita ao muiño das Raposeiras (Cerdedo) para fotografar e realizar un estudo das pezas que aínda se conservan, así como a dixitalización da documentación relativa aos usos do mesmo.
– Poñer en funcionamento o Blog da Asociación.
– Apoiar en todo o que sexa preciso ao Consello de Dirección do CETMo, no seu labor de xestión e promoción do Centro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s