Asociación Ecoloxista e Cultural Verbo Xido

Xornada de roteiros en Terra de Montes

Advertisements

O pasado sábado 6 de Abril, tivo lugar un roteiro por Terra de Montes promovido polo Concello de Pontevedra coa colaboración de Verbo Xido.

O roteiro percorreu varios puntos dos concellos de Forcarei e Cerdedo en sesión de mañán e tarde tras concentrarse no Mosteiro de Aciveiro desde onde se iniciou o percorrido cara ás fontes do Lérez e a Ponte Andón.


Posteriormente, visitouse o Centro Etnográfico de Terra de Montes na vila de Soutelo de Montes antes dun xantar de confraternidade con especialidades da bisbarra.

Xa de tarde e coas forzas repostas, voltóuse á caminata iniciando un percorrido desde a parroquial de Cerdedo pola calzada romano-medieval da Torrente e a ponte románica sobre o Río Castro ata a Hermida de Santo Antón.
Tras este breve paseo, percorremos un último roteiro dende O Serrapio a través da Ponte medieval de Pedre, a onde chegamos tras subir polo camiño enlousado que conduce ata alí dende a famosa ponte.

Advertisements