Arquivo da categoría: Medio Ambiente

Éxito do II Enarborar o bosque en Terra de Montes

Coa colaboración da asociación Verbo Xido de Terra de Montes e a Federación Ecoloxista Galega, os colectivos Arteu e Factoría Delideas realizaron un acto lúdico-reivindicativo en defensa do Ambiente na carballeira de Cotapereira en Xirarga-Beariz que contou coa presenza de cerca de 100 persoas ao longo do día; primeiro na carballeira e logo no local social de Doade, cedido pola veciñanza ante o mal tempo para facer a clausura do día.

Contamos coa presenza e apoio da concelleira socialista de Forcarei, Ana Doval.

Resultou moi interesante a proposta de Xacobe Meléndrez “Poemas antes do lixo”que podedes ver nas fotos, consistente en escribir poemas nos rolos de cartón do papel hixiénico.

Realizáronse moitas creacións que serán posteriormente expostas nun local da nosa bisbarra nos vindeiros meses.

Tamén participou o contacontos O Carballo con botas que fixo referencia ás cortas inxustificadas destas árbores no concello de Cerdedo, asunto que tamén figura no manifesto que se leu alí e que cicula pola rede.

ReciArte

Benqueridas amigas e amigos
Por cuestións meteorolóxicas
vémonos na obriga de aprazar a convocatoria de Enarborar o bosque ao 17
de xuño.

Esperamos que todas e todos podades asistir e non vos
cause moita molestia.
Deste xeito amplíase tamén o prazo para enviar o
poemas para a instalación
“Poemas antes do lixo “, que deben chegar
antes do 15 de xuño.

Como sabedes trátase dunha convocatoria
artística que organizamos arTeu
(Xacobe Meléndrez e Inma Doval) e
Farctoría Delideas (Delio Sánchez) e que
terá lugar no Concello de
Beariz o 17 de xuño, cunha proposta de Reciarte.
Unha xornada de artes
ao aire libre aberta a esritores, artistas plásticos,
fotógrafos,
músicos, artes escénicas e público en xeral. Colabora a
asociación
Verbo Xido e está apoiada pola FEG (Federación Ecoloxista
Galega).

Cada quen leva o seu xantar, as suas pinturas, poemas, guitarras,
percusión,
maxia, contos, etc.
Non queremos incineración, se non un
consumo e unha xestión responsable.
Tamén loitamos pola tala
indiscriminadas de árbores como as que se están
levando a cabo en
Cerdedo e que veñen sendo denunciadas por asociacións
ecoloxistas como
Verbo Xido sen resposta.
Esperamos contar con todos vós neste apoio
artístico á defensa da natureza.

http://www.niquelarte.org/index.php/gl/niquelaccions-solidas/29-colaborando-co-cetmo

Manifesto “reciArte”

Escritores e artistas xuntámo-nos para facer unha reflexión colectiva
sobre
o problema xenerado pola xestión do lixo no territorio galego.
Un problema
local pero que se repite globalmente, iso si, con
distintas solucións que
xeneran impactos no medio ben diferentes.

Constatamos o fracaso da política de xestión do lixo xestada nos anos
90, na
que a aposta da Xunta de Galicia foi a dunha xestión
centralizada e baseada
na incineración. Xa daquela a totalidade dos
grupos ecoloxistas galegos,
amosaron o rexeitamento a este tratamento.
O grave impacto ambiental que
xenera tense demostrado, na
contaminación do aire (coas veleñosas dioxinas e
a contribución ao
incremento do efecto invernadoiro), do chan (no verquido
dos
rexeitados e cinzas, con contaminación do solo e os acuíferos por

lixiviados) e o custe ambiental dun ciclo de transporte demasido extenso
e
enrevesado.

Agora este modelo querese perpetuar coa instalación
dunha nova incineradora
na contorna do centro xeográfico galego, esto
contribúe a ningunear
socialmente o lixo: facelo invisible á cidadanía
é parte do problema.
Queremos contribuir a que cada quen tome
conciencia do seu protagonismo na
solución, xa que cada un de nós
produce máis de 400 kgr de lixo ao ano: e se
non nolo quitaran de
diante todas as noites? e se tiveramos que gardalo nos
nosos fogares??
O lixo máis limpo é o que non se produce! por iso esiximos
políticas de
reducción en orixe, porque a máis da nosa
responsabilidade individual,
pódese obrigar as industrias á reducción
unha importante no envasado (máis
do 40% da composición dos refugallos
son envases), iniciativas seguidas da
reutilización primeiro e a
reciclaxe en último termo, destes materiais. En
canto á outra fracción
máis significativa, a da materia orgánica (perto do
50%), sabemos que
existen sistemas comprobados de tratamento para producción
de compost
que funcionan, sempre que se implique á xente e se aplique unha

xestión competente do lixo, non baseada únicamente en criterios
comerciais,
vendo tamén as súas posibilidades socio-ambientais, como
abono, rexeneración
de terreos forestais ou dexenerados.

Non hai
que esquecer que o lixo é tan só o tramo final dun ciclo que debemos

repensar, modelo formado pola “extracción-consumo rápido-vertido”, con

impactos sociais e ambientais graves. Exemplos temolos por todos
lados,
mesmo nesta fermosa paisaxe de Terra de Montes na que nos
xuntamos, amezada
pola explotación dunha mina a ceo aberto de 3.650
Ha. ou por unha tala de
carballos e outras especies de especial valor
que están sendo taladas nas
beiras das estradas de Cerdedo, por orde
do seu alcalde, coa escusa de
garantir un transporte máis rápido e
seguro.

Debemos reinventarnos e reformular o noso contrato entre a
sociedade e á
natureza para vivirmos millor, ise é o verdadeiro
progreso!

Este é un acto simbólico promovido por os artistas
plásticos e visuais Deli
Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu,
Inma Doval e Xacobe Meléndrez.
Coa colaboración da Asociación Verbo
Xido.
A iniciativa foi apoiada pola Federación Ecoloxista Galega (FEG)
e ADEGA.

ENARBORAR O BOSQUE

O día 10 de xuño celébrase por segundo ano consecutivo unha xornada artístico-ambiental que chamamos ENARBORAR O BOSQUE, iniciativa que tenta unir a problemática medioambiental coa creación artística inserida no medio natural.
Vaise desenvolver durante todo ese día na fermosa carballeira de Cotapereira, situada en Correa/Xirarga, no Concello de Beariz (Ourense).
Animádevos a ir. Paga a pena!!!!!
Vémonos na carballeira de Cotapereira o día 10!.
Máis información en:

http://enarborarobosque.blogspot.com.es/
http://www.arteu.es/
Vede aquí o fermoso cartaz anunciador da xornada:
Reciarte

Nota de prensa da Federación Ecoloxista Galega

A Federación Ecoloxista Galega vén de realizar a súa
asemblea anual ordinaria no concello de Cerdedo, na que,
ademais do debate interno tomáronse as seguintes
consideracións que quere facer públicas.-
1.- A Asemblea da Federación Ecoloxista Galega mostra, unha vez
máis, o seu rexeitamento a unha nova incineradora de residuos, sexa
cal sexa a súa ubicación, e mostra o seu apoio ás plataformas que de xeito local
e galego traballan a prol doutra forma de tratamento dos residuos, apostando
pola redución, pola descentralización e comarcalización do tratamento dos
residuos, pola compostaxe e pola reciclaxe, porque a incineración, como xa se
comprobou en Cerdeda, non é a solución.
2.- Apoiar a educación ambiental en Galicia. Non podemos permitir que a
desidia da Xunta faga desaparecer esta área de crucial importancia das nosas
vidas. Ao peche de numerosos equipamentos de educación ambiental en Galicia
sumouse a eliminación das axudas ás entidades que trabalan en Galicia a favor
da educación ambiental. Así, apoiamos o manifesto en contra da desaparición
da educación ambiental en Galicia da Sociedade Galega de Educación
Ambiental.
3.- Posicionámonos en contra da posible da desaparición da Conca
Hidrográfica Miño Sil. A administración ten que ser útil para a cidadanía. Así,
o criterio de proximidade na xestión dos intereses dos galegos non pode estar a
centos de quilómetros, volvendo a unha situación na que se dificultaba o acceso
aos expedientes de interese para os diferentes afectados. A Conca Miño-Sil ten
que ser unha ferramenta válida para xestionar os nosos recursos hídricos, con
criterios de sostibilidade na procura dunha nova cultura da auga.
4.- Apoiamos a denuncia de Verbo Xido en relación á tala
indiscriminada das árbores das beiras das estradas do concello de
Cerdedo. Querendo ampararse na Lei de prevención e defensa contra os
incendios forestais o Concello procedou á corta de numerosas árbores sen
criterio, ocasionando un dano máis que importante e sen posibilidade de volta atrás. A situación puido terse evitado sen pór en perigo aos usuarios das estradas, controlando a matogueira dun xeito lóxico e non sen criterio, para evitar así, tamén, a propagación, de ser o caso, dos lumes forestais. 5.- A Federación Ecoloxista Galega apoia á folga xeral do próximo 29 de marzo. O movemento ecoloxista galega considera que este é un bo momento para denunciar o inxusto modelo económico que nos levou a unha crise ambiental sen precedentes. Ademais dos actuais recortes sociais, desde o ecoloxismo denunciamos os constantes ataques ao medio ambiente e esiximos políticas de sostibilidade, nas que o ambiental e o social non estén supeditados ao crecemento económico sen control.
Asinado,
Anxo F. Saborido
Coordenador da Federación Ecoloxista Galega

Stop á corta de carballos !!!


Desde a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido, consideramos necesario de novo facer unha chamada á reflexión e á responsabilidade do Sr. Acalde de Cerdedo pola corta indiscriminada de carballos que está a acontecer nas beiras de todas as estradas municipais, corta incentivada polo Edicto publicado o día 23 de febreiro e posteriormente polo Aviso do día 19 de marzo. Entendemos que é unha situación que se está a producir por unha interpretación deturpada do espirito da Lei 3/2007, relativa á prevención de incendios forestais.
Despois da análise pormenorizada da devandita Lei e tendo en conta fundamentalmente o Artigos 22 e 23, así como a Disposición Adicional 3ª, e tal como expresamos no noso escrito anterior, non é obrigatorio nin necesario cortar determinadas árbores situadas a menos de 2 m. da estrada se son especies protexidas como os carballos, xa que se a razón son os incendios, que mellor barreira que estas árbores non pirófugas, e se a razón son as xiadas ou a presenza de follas e ponlas nas estradas, reiteramos que unha boa derrama dos carballos, a limpeza do mato das cunetas e unha velocidade adecuada a estes viais, son o mellor xeito de evitar os accidentes.
A raíz dos edictos e avisos do Sr. Alcalde están aparecendo en diversos lugares do Concello, carballos de maior ou menor envergadura cortados polo pe, algo que consideramos moi grave para o noso xa degradado patrimonio forestal, porque non debemos protexer só aqueles exemplares que están catalogados (unha cantidade ínfima en toda Galicia), senón todas aquelas especies autóctonas que preservan das xiadas e axudan na prevención de incendios, limitando a aparición de matoxos ou silvas no seu pe. Eis os carballos, especie que nesta zona xa sufríu unha gran regresión entre os anos 50 e 70 ao seren substituídos por eucaliptos.
Lamentamos que o noso Alcalde non sexa máis sensible e respectuoso co entorno que debemos preservar e coas opinións que discrepan da súa; máis ben semella, polo de agora, ser unha persoa pouco tolerante co parecer dalgúns dos seus veciños, aínda que estas opinións sexan construtivas e contribúan á preservación medioambiental do Concello. Pola contrario, está a inducir a que a veciñanza, quer por presións, quer por non pagar os custes da corta, quer para poder facer leña ou vender carballos sen ter que solicitar permisos, estean a diezmar o noso patrimonio natural como se se abrise a veda.
Por desgracia, isto non fixo máis que comezar e a ver como remata cando “as boas intencións” se apliquen en todo o territorio municipal. Dos resultados, facemos responsable ao Sr. Balseiros.

Nota de prensa de VX sobre a tala indiscriminada de carballos en Cerdedo

A asociación Verbo Xido levará a asemblea anual da Federación Ecoloxista Galega FEG, que terá lugar este sábado 24 de marzo en Cerdedo, a proposta de que todos os grupos ecoloxistas asistentes acorden solicitar ao Sr.Alcalde do concello de Cerdedo unha corta selectiva das árbores que poidan dificultar a seguridade vial así como das que presenten perigo diante da ameaza dun incendio, pero que valore que a medida iniciada no camiño de Cerdedo a Limeres e que pensa extender a todo o concello, pode levarnos a unha importante perda do noso patrimonio.
No anterior escrito enviado pola asociación Verbo Xido e a FEG, que tamén foi remitido ao Sr. Alcalde de Cerdedo o mesmo día que á prensa, xa diciamos que compartimos co rexidor local a fonda preocupación por evitar accidentes e incendios; pero se precisamente os carballos son considerados unha especie barreira para os incendios e as xiadas son menos frecuentes nos viales protexidos por árbores, non entendemos a teimosía do Sr. Alcalde en facer aparecer como incompatibles seguridade e protección de especies autóctonas, en moitos casos con moitos anos de existencia, cando somos un lugar que é apreciado e coñecido polo seu importante patrimonio natural, cada día máis diminuído, tamén hai que dicilo, e con dificultades de conservación por constantes agresións como a que nos ocupa.
Reiteramos que unha boa limpeza das cunetas, unha corta de especies arbóreas sen valor, novas ou ventureiras e unha axeitada derrama daquelas árbores que deban ser conservadas, que non son moitas nas beiras das estradas, son medidas máis que suficientes para asegurar a circulación polos viais do concello e poder ao mesmo tempo ser respectuosos co medioambiente e con aquelas especies que fan da nosa paisaxe todavía un lugar fermoso e primixenio.
Agardamos un bo entendemento.

Pola Xunta Directiva da asociación Verbo Xido
Lola Varela
Presidenta

Corta de árbores inxustificada

A Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido xunto coa Federación Ecoloxista Galega (FEG), queremos manifestar a nosa preocupación e malestar polas consecuencias que poderían derivarse da estricta aplicación do Edicto do Sr. Alcalde do Concello de Cerdedo publicado o día 23 de febreiro pasado, relativo á corta de árbores para acadar unha maior seguridade vial nas estradas municipais, comezando polo tramo Cerdedo-Limeres, ao ser este considerado de especial perigosidade pola pendente considerable do trazado, pola acumulación de follas e polas zonas de sombra existentes. Dá a entender o Edicto que, no futuro, pretendese estender esta medida a todo o territorio do Concello de Cerdedo, en cumprimento dunha normativa da Xunta de Galicia que non se especifica.

Corta de árbores en Cerdedo

Segundo o devandito Edicto, deben ser cortadas de maneira indiscriminada todas as árbores que estean a menos de 2 m da estrada, sen ter en conta se son especies autóctonas, vellas ou novas, o cal pode producir verdadeiros estragos en especies protexidas (os carballos, por exemplo) e árbores con moitos anos de antigüidade, como realmente está xa a ocorrer no camiño a Chamadoira e a Limeres e a continuación, se non se rectifica, ocorrerá no resto do Concello.
Neste intre, e segundo queixas que nos transmiten veciños da zona, están ameazados de morte varios exemplares de carballos centenarios sen razóns de peso que o xustifiquen, xa que estas árbores non representan ningún perigo para a circulación, a presenza de árbores de envergadura impide a formación de xiadas e se se realizan as derramas oportunas non haberá acumulación de follas. Ademáis, os carballos destas características limitan o medre de maleza no seu contorno e serven como barreira contra os lumes no monte; polo contrario, a súa corta facilitará a proliferación da maleza que haberá que limpar de maneira contínua para evitar os seus efectos pirófugos, aumentando así os gastos do Concello.

Algúns veciños e veciñas ao coñecer o Edicto derramaron os grandes carballos das beiras e, a pesares diso, esas árbores están igualmente ameazadas e os seus propietarios deberán pagar os custes da corta por parte dos operarios municipais se eles non a fan dentro do prazo marcado polo Concello, unha medida que nos parece desproporcionada.
Compartimos co Sr. Alcalde a preocupación pola seguridade viaria da veciñanza, pero isto non é contraditorio coa protección das nosas especies autóctonas, cuxa corta xa está limitada e suxeita a permiso previo.

Sabemos que manter limpas as cunetas é fundamental para a seguridade vial e a loita contra os incendios forestais, polo que se debe impedir a formación de mato e, mesmo, evitar que medren pequenos exemplares ventureiros, pero tamén consideramos que se debería ser selectivo na corta de árbores, salvando aqueles exemplares de entidade e eximindo á veciñanza de calquera carga.

Pola Asociación Verbo Xido, Lola Varela (Presidenta)
Pola Federación Ecoloxista Galega, Anxo F. Saborido (Coordenador)

Asemblea da Federación Ecoloxista Galega en Terra de Montes

O vindeiro 24 de marzo, Verbo Xido ten a honra de organizar a Asemblea Anual Ordinaria da Federación Ecoloxista Galega no Centro Sociocultural de Cerdedo.

O programa  de actividades será o seguinte:

– 11:00 Apertura da Asemblea.

 – 11:15 Presentación e debate do Informe do último ano (actividades, económico, organización) e aprobación do mesmo, de ser o caso.

–  12:00 Presentación de actividades do último ano das entidades integradas na FEG

– 12:30 Proposta, debate e aprobación, se procede, do Plano de Traballo da FEG para o ano 2012-2013.

-14:00 a 16:30 Xantar e convívio

– 16:30 Presentación, debate a probación, das propostas de resolución que se presenten.

– 17: 00 Charla-coloquio “Camiño do residuo cero” a cargo de Celestino Quintela Sabarís.

– 18:15 Clausura da Asemblea.

Nin que dicir ten que para Verbo Xido é unha auténtica honra ter a oportunidade de acoller na nosa bisbarra ás entidades e asociacións irmáns de toda Galiza que integran a FEG.

Grazas e moito éxito.

Verbo Xido faise eco de certa alarma social por unha posible explotación mineira

La Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes Verbo Xido se hizo eco en la jornada de ayer públicamente de la
existencia de “cierta alarma social” ante el temor que infunde a algunos vecinos que llegue a concretarse una posible explotación minera entre Terra de Montes y Beariz.

Ler o resto do artigo no Faro de Vigo (22 de decembro de 2011).