Arquivo da categoría: Memorias de Actividade

Memoria de Actividades 2011

Na Asemblea Xeral Anual realizada o 29 de decembro de 2010 en Soutelo de Montes acordamos as actividades a realizar durante o ano 2011 que foron organizadas pola Xunta Directiva:

Xaneiro: Campaña de apoio á Asociación pola Defensa da Ría APDR contra a continuidade da empresa ENCE no seu emprazamento.
Febreiro: Organización en Soutelo de Montes da IIª Ruada a favor da mellora do Centro Etnográfico de Terra de Montes CETMo.
Marzo: Participación cun posto na Festa da Vincha, en Cerdedo.
Abril: Concesión dunha subvención por parte de AGADER dentro do GDR 20 para renovar o discurso museístico do CETMo, por importe de 18.000 €.
Maio: Participación nas xornadas de formación organizadas polo profesorado do Ciclo Superior de Animación Sociocultural de Baiona sobre Programas de Desenvolvemento Rural, realizadas no albergue de Sabucedo.
Xuño: Participación cun posto na iniciativa de recuperación da Feira de Fondós (Quireza) que tiña lugar na carballeira da Arrotea cada 19 de xuño.
Xullo: Participación na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo realizada na Illa de San Simón.
Agosto: Publicación do nº 2 dos cadernos Vieiros da Memoria, adicados a recuperar a memoria histórica de Terra de Montes. Presentación do caderno no Centro Cultural de Cerdedo.
— Homenaxe na Ponte do Barco (Pedre) aos represaliados e represaliadas de Terra de Montes.
— Recepción dun manuscrito orixinal de Alexandre Bóveda, entregado á biblioteca do CETMo.
Outubro: Realización da Vª Subida ao monte de A Conla (Quireza).
— Organización dunha charla informativa no Centro Cultural de Cerdedo sobre a Lei de Augas en Galicia, coa participación do Sindicato Labrego Galego (SLG).
— Contratación dunha licenciada en Arte, especialista en dinamización cultural para renovación e mellora do CETMo en colaboración coa Consellería de Traballo dentro dun programa de contratación de persoal en paro.
Novembro: Realización do Iº Roteiro dos cemiterios de Terra de Montes, por Santa Baia de Castro e Quireza (Cerdedo) e Millerada (Forcarei).
— Participación cun posto na Festa dos Cogumelos de Soutelo de Montes.
Decembro: Finalización das reformas no CETMo e presentación á prensa da instalación das novas TICs, catalogación das pezas e rexistro informático dos libros, así como da nova guía do CETMo (Soutelo de Montes).
— Realización dun número especial do Boletín Verbo Xido para conmemorar os 10 anos da asociación.
Durante todo o ano: Conservación, mantemento e xestión do CETMo (Soutelo de Montes).

Memoria de Actividades 2010

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:
– Presentación pública de novas alegacións contra a elección por parte do Ministerio de Fomento do trazado Sur para o tendido do AVE por Cerdedo.
– Integración na Federación Ecoloxista Galega (FEG).
– Verbo Xido promotor e impulsor xunto con outras asociacións de “memoria histórica” do colectivo Iniciativa Galega pola Memoria (IGM).
– Visita á Illa de San Simón o 18 de xullo para homenaxear ás vitimas do franquismo, nun acto organizado pola IGM.
– Homenaxe na Ponte do Barco-Pedre o 13 de agosto ás vítimas do franquismo na Terra de Montes.
– Participación na xornada organizada por ADEGA “Móllate polos ríos”, mediante a limpeza dun tramo do río Quireza.
– Homenaxe á desaparición de persoas significadas do Concello de Cerdedo relacionadas coa memoria histórica: Olga Camiña, Herminio Barreiro e Rogelio Arca.

ACTIVIDADES CULTURAIS:
– Ruada en Soutelo de Montes a beneficio do CETMo.
– Participación na Xª Festa da Vincha, organizada pola Asociación Espadela de Cerdedo, cunha exposición dedicada ao verbo xido e aos canteiros.
– Visita ao Courel xunto coa Asociación Espadela, co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Uxío Novoneira.
– Participación nas Xornadas de Mocidade e Cultura, organizadas polo GDR 20 (AGADER)
– Apoio á organización da IIIª Subida ao Monte A Conla (Quireza).
– Participación cun posto na Festa dos Cogumelos en Soutelo de Montes.
– Edicición de boletíns trimestrais de Verbo Xido.

ACTIVIDADE EDITORIAL:
-Colaboración na presentación do libro de David Otero ” Nun bambán de non virar baldo”, na Estrada.
– Presentación da publicación “As vítimas do franquismo na Terra de Montes(Cerdedo, Forcarei e Bearíz) 1939-1953”, de Dionísio Pereira.

CETMo:
– Visita guiada ao CETMo e ao Roteiro Sarmiento da Asociación A Oliveira de Teo (A Coruña) e posterior xantar de confraternidade en Cachafeiro.
– Visita guiada ao CETMo de veciños/as de Cuntis, organizada pola Concellería de Cultura cuntiense.
– Elección dun Consello de Dirección para promover un desenvolvemento autónomo do CETMo.
– Presentación dun proxecto ao GDR 20 para renovar o discurso museístico do CETMo estimado en 18.000 €; aprobación do mesmo por parte de GDR 20, e ratificado na asemblea da asociación o pasado 29 de decembro.

OUTRAS ACTIVIDADES:
– Desempeño da Secretaría do GDR 20 (AGADER) ata o mes de setembro.

Memoria de Actividades 2009

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:

  • Participación na manifestación contra a ocupación de Gaza en Compostela o 18 de xaneiro de 2009.
  • Denuncia da desfeita ocasionada polas obras realizadas polo Concello de Cerdedo no entorno do Roteiro Sarmiento entre Cabenca e Revolta.
  • Absolución por parte da Audiencia Provincial de Pontevedra ao historiador Dionisio Pereira denunciado pola familia do alcalde falanxista de Cerdedo Gutiérrez Torres.
  • Denuncia do abandono da ermida do Pegho.
  • Homenaxe aos represaliados do Franquismo en Cerdedo no monolito da Ponte do Barco.
  • Denuncia do uso de herbicidas na limpeza de viais e cunetas por parte do concello de Cerdedo.

ACTIVIDADES CULTURAIS:

  • Conferencia do profesor Manuel Reboredo sobre “O siñor Afranio e os esmolantes”.
  • Exposición en Forcarei da mostra itinerante sobre “Antón Alonso Ríos, o siñor Afranio”.
  • Roteiro nocturno polo Monte Seixo para ver a habitual choiva de estrelas do mes de agosto.
  • Celebración da X edición das xornadas Terradetod@s sobre “Terra de Montes no audiovisual”, coa estrea mundial do documental “Monte do Seixo. A montaña máxica”, realizado polo Colectivo Etnográfico Serpe Bichoca.
  • VIII Roteiro Sarmiento nos montes de Loureiro e Tomonde.
  • Edición de boletíns trimestrais.

ACTIVIDADE EDITORIAL:

  • Presentación do libro “Recordar doe” de Herminio Barreiro.
  • Presentación do libro “Carta arqueolóxica do concello de Cerdedo” de Calros Solla.
  • Presentación do libro “Cantares de Manuela de Barro”, de Calros Solla.
  • Presentación do libro “Monte do Seixo. O santuario perdido dos Celtas”, de Calros Solla.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Participación de Verbo Xido no Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-20 como membro de pleno dereito, desempeñando a secretaría do devandito organismo.

CETMo:

  • Visita ao Cetmo dE diversos grupos.
  • Obras de ampliación e rehabilitación do Centro Etnográfico de Terra de Montes, cun investimento total superior aos 50.000 €, financiado en parte cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural por importe de 17.000 € e con aportacións anónimas superiores aos 18.000 €. A inauguración e presentación pública do remodelado centro celebrouse o 26 de decembro.

Memoria de Actividades 2008

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:

  • Movilizacións en contra do paso do tren de Alta Velocidade por Cerdedo.
  • Movilizacións en apoio aos historiadores Dionisio Pereira e Alfredo González nos procesos xudiciais abertos contra eles pola súa labor investigadora na recuperación da Memoria Histórica.
  • Participación na marcha da APDR polo peche da factoría de ENCE na ría de Pontevedra.
  • Denuncia e movilización contra a destrución dun tramo do camiño medieval pertencente ao Roteiro Sarmiento con motivo dunhas obras de asfaltado do mesmo.

ACTIVIDADES CULTURAIS:

  • Colaboración coa Asociación de Mulleres Espadela na  VIII Festa da Vincha.
  • Colaboración coa Consellería de Cultura na organización dun roteiro polo Monte Seixo e a conferencia “Monte do Seixo. Patrimonio cultural da Montaña Máxica” (de Calros Solla), dentro do programa de sendeirismo Patrimonio no Medio.
  • Concesión dunha subvención de 3.000 € por parte da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galiza.
  • Homenaxe aos cerdedenses represaliados durante e tras a Guerra Civil no cabodano dos asasinatos da Ponte do Barco (Pedre).
  • VI Edición das Xornadas “TerradeTod@s” no Cetmo, adicada á “Necesidade dunha política cultural alternativa na Terra de Montes”.
  • Celebración do VII Roteiro Sarmiento reivindicando a conservación do mesmo.
  • Edición de boletíns trimestrais.

ACTIVIDADE EDITORIAL:

  • Edición do libro “Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra”, de Roxelio Arca e Dionisio Pereira.
  • Edición do libro de relatos “Memorias dun tempo perdido”, de Roberto Vázquez Blanco.
  • Presentación do libro “Cantares de Manuela de Barro”, de Calros Solla.
  • Presentación do libro “Monte do Seixo. O santuario perdido dos Celtas”, de Calros Solla.

OUTRAS ACTIVIDADES:

  • Análise e información á veciñanza do proxecto de instalación dunha pranta de biomasa en Cerdedo.
  • Integración na directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia-Lérez (GDR-20).

CETMo:

  • Renovación da directiva de Verbo Xido na asemblea anual.
  • Visitas de diversos grupos de estudantes ao museo etnográfico do CETMo.

Memoria de Actividades 2007

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:

  • Mobilización (xunto con ducias de colectivos e institucións do país), en apoio ao historiador Dionisio Pereira ante dúas demandas xudiciais polas súas publicacións sobre a represión fascista en Cerdedo durante a represión posterior ao golpe de Estado de Franco.
  • Reivindicación de melloras no mantemento dos roteiros do río Lérez por parte do Concello.
  • O monolito erixido na Ponte do Barco (Pedre) en homenaxe aos asasinados polos falanxistas en Cerdedo volve ser atacado (20 de xullo).
  • Reposición da placa arrancada no monolito da Ponte do Barco erixido en homenaxe aos asasinados polos falanxistas en Cerdedo.
  • Presentación de alegacións ao trazado do TAV ao seu paso por Cerdedo.
  • Campaña de movilización activa, xunto con outros colectivos, contra o paso do Tren de Alta Velocidade por Cerdedo.

ACTIVIDADES CULTURAIS:

  • Xornada de Repoboación forestal de 2,5 has. con especies frondosas no monte de Pedre, en colaboración coa APDR, tras a terrible vaga de lumes forestais do verán do2006 (2,5 hectáreas).
  • Colaboración activa na creación do Roteiro Sinhor Afranio, seguindo o percorrido de Alonso Ríos na súa fuxida ao longo do país durante a Guerra Civil ocasionada polo golpe de Estado de Franco.
  • Entrega do IV Premio Roberto Vidal Bolaño a Verbo Xido e a Dionisio Pereira por parte de Redes Escarlata en recoñecemento á súa labor en defensa dos Dereitos e Liberdades (23 de abril).
  • Celebración en Cerdedo da V Edición das Xornadas de Terra de Tod@s sobre “ Ave de mal agoiro. O tren de alta velocidade en Terra de Montes”, coa participación de representantes sindicais de Renfe e diversos colectivos ecoloxistas do país (4 de agosto).
  • Publicación do libro “Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica”, escrito por Carlos Solla.
  • Organización dun roteiro polo Monte Seixo xunto con ADEGA.
  • Celebración dunha Polafía (serán, ruada…) no antigo local da Cámara Agraria en Cerdedo (1 de decembro).
  • Organización do VI Roteiro Sarmiento polos lugares afectados polo paso do TAV por Cerdedo.

CETMo:

  • Renovación da directiva de Verbo Xido na asemblea anual.

Memoria de Actividades 2006

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:

  • Petición da retirada de símbolos franquistas na bisbarra, co gallo do 75 cabodano da instauración da II República.
  • Homenaxe en Silleda ás vítimas da represión franquista e petición da retirada de símbolos franquistas.
  • Solicitude ante o Concello de Cerdedo da construción dun monumento a TODAS as vítimas locais da Guerra Civil.
  • Homenaxe ás vítimas do franquismo na Estrada.
  • Campaña de recadación de fondos para a construción dun monumento ás vítimas da represión fascista en Cerdedo (Ponte do Barco).
  • En setembro arrancan o monolito da Ponte do Barco inaugurado en agosto. Prodúcense múltiples declaracións de repulsa polo acto vandálico desde institucións, asociacións e particulares de todo o país.
  • Reposición da placa no monolito de Pedre (4 de novembro).
  • O Concello de Cerdedo (cos votos a favor do grupo municipal do PP e a abstención do grupo “socialista”), revoca un anterior acordo plenario para retirar o nome dun alcalde falanxista a unha rúa da capital municipal.
  • Inicio en Cerdedo da terrorífica vaga de lumes que arrasou o país enteiro (agosto).

ACTIVIDADES CULTURAIS:

  • Organización do Roteiro da Montaña Máxica no Monte Seixo, coa explicación de todas as lendas e mitos do mesmo a cargo de Carlos Solla.
  • Celebración dunha Foliada Tributo ao Gaiteiro de Soutelo coa participación dos grupos Chichisos de Tomeza, Abrentes de Cerdedo, Trazantes de Tenorio e Os Diplomáticos do Acordeón de Soutelo de Montes (27 de xaneiro).
  • Creación da Comisión Sinhor Afranio para a recuperación da Memoria Histórica no ámbito das bisbarras de Terra de Montes e Deza-Tabeirós.
  • Colaboración coa Asociación de Mulleres Espadela na organización da Festa de Vincha (incluso coa instalación dun stand de venda de libros).
  • 2ª Presentación de “Almanaque de Encantos (Mitoloxía da Terra de Cerdedo)”, escrito por Carlos Solla (Día das Letras Galegas).
  • Mesa redonda sobre “A represión franquista en Galicia: Cerdedo e Terra de Montes” .
  • IV Edición das Xornadas Terra de Tod@s sobre “A recuperación da Memoria Histórica na Terra de Montes”, coa presentación do libro “A II República e a Represión en Cerdedo” escrito por Dionisio Pereira e a inauguración dun monolito na Ponte do Barco en homenaxe a Francisco Arca e Secundino Bugallo (líderes locais da CNT asasinados o 13 de agosto de 1936). Envío das conclusións das Xornadas ao Consello da Memoria (12 de xuño).
  • Visita guiada ao cárcere político da illa de San Simón (16 de setembro).
  • Organización dun roteiro polo monte Seixo (outono).
  • Organización do IV Roteiro Sarmiento, coa colocación dunha placa conmemorativa no Pazo das Raposeiras, casa familiar de Frei Martiño Sarmiento.
  • Participación e difusión a nivel comarcal das actividades do Barco da Memoria.

CETMo:

  • Visita de diversos grupos de escolares de Forcarei ao CETMO.
  • Visita de xubilados da Coruña ao CETMO.

Memoria de Actividades 2005

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:

  • Realización de actos de protesta e campaña de información aos veciños, institucións e Valedor do Pobo sobre o impacto do trazado do AVE en Cerdedo. Presentación de alegacións denunciando os efectos medioambientais e socioeconómicos no territorio municipal.
  • Denuncia da destrución de Patrimonio e feísmo arquitectónico en Soutelo.
  • Percorrido do Roteiro Sarmiento no mes de abril para denunciar o mal estado de conservación do seu trazado.
  • Campaña de prensa en oposición á instalación de ENCE en Cerdedo tras as manifestacións do alcalde, favorábeis á súa instalación.
  • Petición ante o Concello de Forcarei para que mercase a casa modernista da familia González Barros en Soutelo para a súa posterior conversión en centro sociocultural.
  • Ofrenda floral na Ponte do Barco (Pedre) aos asasinados pola represión fascista en Cerdedo en agosto de 1936 (9 de abril).
  • Participación na manifestación contra ENCE que todos os anos convoca a APDR en Pontevedra.
  • Petición ao Concello de Cerdedo do cambio de nome á rúa Manuel Gutiérrez Torres, ex alcalde e recoñecido fascista local durante a represión franquista posterior ao golpe de estado de 1936.
  • Fomento da recuperación a nivel local da Memoria da Guerra Civil con motivo da inminente celebración do Ano da Memoria en toda Galiza (2006).

ACTIVIDADES CULTURAIS:

  • Colaboración coa Asociación de Mulleres Espadela na organización da Festa de Vincha (incluso coa instalación dun stand de venda de libros).
  • Edición dun tríptico informativo sobre o Roteiro Sarmiento.
  • Publicación do libro “Xosé Otero Espasandín. Vida e pensamento dun cerdedense desterrado” escrito por Dionisio Pereira (Día das Letras Galegas).
  • Presentación das conclusións do Congreso da Memoria da Represión Franquista (Narón, 2003).
  • Ciclo de coloquios sobre “A represión franquista na Galiza” celebrados en Cuntis, A Estrada, Silleda, Lalín e Cerdedo coa participación de historiadores locais.
  • Exposición “La República” e conferencia “La represión franquista en la provincia de Segovia” por Santiago Vega (17 de xullo).
  • Celebración en Beariz da III Edición das xornadas Terra de Tod@s sobre “O patrimonio natural: crónica da desfeita” (6 de agosto).
  • Apoio á candidatura do Patrimonio Inmaterial Luso-Galaico para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.
  • Publicación do libro “Almanaque de Encantos” de Carlos Solla.
  • Organización dun Roteiro Micolóxico polo Monte Seixo no outono.
  • Organización do Roteiro Sarmiento con diversos grupos de estudantes.

CETMo:

  • Visitas de grupos escolares ao CETMO.
  • Valoración, por parte da Asemblea de Verbo Xido, da posible cesión da casa da familia Salgado en Cerdedo (Casa do sacristán), como co-sede da asociación xunto co CETMo.
  • Incremento na tirada e paxinación do boletín Verbo Xido.
  • Reivindicación e celebración dos cinco anos de existencia do CETMO sen axudas oficiais.
  • Firma dun convenio coa Consellería de Presidencia do Goberno Galego para a cesión de parte dos fondos do CETMO para a súa exposición na Casa de Galicia en Madrid.

Memoria de Actividades 2004

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:

  • Apoio á convocatoria da “Plataforma contra da guerra do Irak” de Pontevedra.
  • Felicitación ó presidente do Goberno pola retirada das tropas españolas de Iraq.
  • Solicitude aos alcaldes de Terra de Montes para que se opoñan o trazado do tren de alta velocidade pola bisbarra.
  • Informe sobre o impacto no patrimonio arquitectónico e medioambiental do paso do tren de alta velocidade por Cerdedo, enviado ao Ministerio de Fomento.
  • Valoración pública positiva respecto da inclusión de diversos espacios naturais da bisbarra na Rede Natura 2000 e preocupación polo impacto que neles pode provocar o TAV.
  • Publicación dun tríptico co gallo do Día das Letras Galegas, que reflicte a degradación da arquitectura tradicional e o patrimonio etnográfico na zona.
  • Carta publicada nos xornais recordando que o Concello de Forcarei non colabora económicamente co Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) e nin sequera o inclúe nos seus folletos de propaganda.
  • Apoio á Asociación Cultural “Ponte nas Ondas”, para que a tradición oral lusogalaica sexa declarada pola UNESCO patrimonio da humanidade.
  • Denuncia pública do estado de abandono do Pazo das Raposeiras (Meilide)

ACTIVIDADES CULTURAIS:

    • Presentación en Cerdedo do libro ‘Cerdedo in the voyager I’, de Carlos Solla, coa participación de Heitor Mera e as actuacións musicais de “Rabisaco” e “The Viñalar Fantastic Band”.
    • Presentación en Soutelo de Montes da edición do ensaio ‘Etnoarqueoloxía da emigración’, de Alfredo González.
    • Presentación en Cerdedo do libro ‘Xosé Otero Espasandín: vida e pensamento dun cerdedense desterrado’, de Dionisio Pereira e homenaxe ás víctimas do franquismo en Cerdedo, coa intervención do académico Francisco Fernández Rei e Manuel Monteagudo.
    • Celebracion da segunda edición de ‘Terra de Todos’ en Soutelo de Montes, na que se inclúe a presentación do libro ‘Tal era vivir’, de Xosé Vázquez Pintor e homenaxe aos vellos canteiros; mostra dunha película de interese etnográfica realizada a comezos dos anos 80 sobre a “Festa do Can“ de Castro; e un guateque estilo anos 70.
    • Mostra de cerámica e oficios tradicionais, co gallo das festas de Soutelo de Montes e do 4º aniversario do CETMO..
    • Edición dunha guía didáctica do CETMO.
    • Confección da páxina web do CETMO.
    • Posta en marcha dunha biblioteca e centro de documentación especializados na Terra de Montes no CETMO.
    • Edición dos nºs 7, 8 e 9 do Boletín de “Verbo Xido”
    • Presentación en Soutelo de Montes do libro ‘A sombra das acacias’, de Manuel Blanco Rivas e mesa redonda encol dos “Escritores e escritoras de Tabeirós-Terra de Montes”, coa participación de Carlos Loureiro, Carme Hermida, Carlos Solla e Xabier Camba.
    • Celebración la terceira edición do Roteiro Sarmiento.

CETMO:

Alumnos do Colexio Junior’s de Santiago.

Alumnos de Terceiro da ESO do Instituto de Ensino Secundario de Pazos de Borbén.

Alumnos de Primaria do Colexio O Foxo, de A Estrada.

Alumnos da Escola de Idiomas de Pontevedra.

Grupo de persoas da Terceira Idade de Codeseda (A Estrada).

Grupo de persoas da Terceira Idade de Arteixo (Coruña).

Grupo de veciños de Porto do Son (Coruña).

Memoria de Actividades 2001-2003

No mes de febreiro de 2001 documentouse a constitución da asociación, inscribíndose no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma Galega co número 652/01.

ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS:
Charla informativa sobre os efectos nocivos da instalación dun parque eólico na Serra do Candán (Marzo, 2001).

Participación na marcha contra a instalación do parque eólico, organizada por Adega (Marzo, 2001).

Integración na Coordenadora pola Defensa do Río Lérez e participación nunha marcha no municipio de Cotobade. (Maio, 2001).

Presencia na manifestación polo Día Mundial do Medioambiente, celebrada en Vilagarcía de Arousa (Xuño, 2001).

Presentación de alegacións contra a instalación do parque eólico Touriñán III diante da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental. (Xaneiro, 2002).

Marcha ó Xeixo para denunciar a falta de limpeza do entorno e os danos medioambientais causados polo parque eólico. (Marzo, 2002).

Convocatoria dun certame para escolares de debuxo e redacción sobre os parques eólicos. (Marzo, 2002).

Solicitude ó Concello de Cerdedo do artellamento do Roteiro Sarmiento, a súa sinalización, identificación dos elementos de interese, colocación dunha placa conmemorativa no Pazo das Raposeiras e a posibilidade de crear un centro de interpretación da súa figura. (Maio, 2002).

Verbo Xido súmase á convocatoria da Plataforma Nunca Máis, para protestar polo desastre do Prestige, en Santiago (Decembro 2002).

Como membro da plataforma Nunca Máis, Verbo Xido organizou un encontro coas xentes do mar que se celebrou en Pedre, coa presencia de voluntarios que recolleron chapapote en distintos puntos do litoral, os representantes das confrarías de A Illa de Arousa, Cambados e O Grove, representantes veciñais, sindicalistas, músicos e poetas, que se complementou cun traballo de vídeo. Entre os presentes atopáronse os alcaldes de Pontevedra, Xinzo da Limia e A Illa de Arousa (Xaneiro 2003).

Concentracións en Cerdedo e Soutelo contra a guerra de Iraq, convocadas por Verbo Xido (Abril, 2003).

Limpeza da Calzada e a Ponte Romana de Cerdedo (Maio, 2003).

Verbo Xido apoia a reivindicación dos veciños de Cachafeiro de sinalizar un cruce perigoso (Setembro 2003).

Conmemoración 1º Aniversario de Nunca Máis e acto contra da Guerra do Iraq, con proxección de vídeos, exposición sobre as marés negras e mesa redonda con presencia de poetas e activistas contra da guerra, Soutelo de Montes (Novembro, 2003).

Presencia na manifestación contra Celulosas celebrada en Pontevedra (Decembro 2003).

Verbo Xido adhírese ao Congreso da Memoria da Represión Franquista, celebrado en Narón (Coruña).

ACTIVIDADES CULTURAIS:

Exposicións do fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado no Centro Etnográfico da Terra de Montes (Soutelo) e en Cerdedo (Maio e Xuño, 2001).

Proposta, dirixida ó Concello de Cerdedo, para que inclúa unha serie de elementos arquitectónicos no catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal. (Xullo, 2001).

Exposición en Soutelo sobre Luís Amado Carballo e conferencia do profesor Xosé Abilleira, autor dunha biografía sobre o poeta. (Novembro, 2001).

Exposición sobre Luís Amado Carballo en Cerdedo, que coincidiu coa inauguración polo Concello dunha sá de exposicións no colexio público, a proposta de Verbo Xido. (Decembro, 2001).

Entrega de agasallos aos grupos escolares que participaron no Certame sobre os Parques Eólicos (Abril 2002).

Conferencia na Casa da Cultura de Cerdedo verbo da relación do Padre Sarmiento con Cerdedo a cargo do profesor e historiador Carlos Solla (Abril, 2002).

Edición dun catálogo sobre a relación do Padre Sarmiento con Cerdedo.
Realización do roteiro levado a cabo polo Padre Sarmiento, en 1745, entre Cerdedo e Meilide, pasando polo Pazo das Raposeiras (Maio, 2002).

Conferencia sobre “O Padre Sarmiento e a lingua galega” de Francisco Fernández Rei, membro da Real Academia Galega, en Soutelo (Xuño, 2002).

Exposición sobre a vida e obra do Padre Sarmiento, cedida polo Concello de Pontevedra, en Soutelo (Xuño, 2002).

Presentación do voceiro de Verbo Xido (Xullo, 2002).

Mostra “Cerdedo en dúas visións”. Con óleos de Francisco Sutil, música do grupo “Rabisaco” e presentación da obra “Materiais para o estudo da freguesía de Cerdedo”, de Carlos Solla (Xullo, 2002)

Presentación do nº2 do voceiro Verbo Xido (Agosto 2002).

Conferencia en Soutelo sobre “Unha arqueoloxía da emigración: Terra de Montes”, por Alfredo González, presentada por Manuel Blanco. (Agosto, 2002).

Participación na homenaxe ao poeta Luís Amado Carballo, no 75 aniversario do seu pasamento, en Pontevedra (Setembro, 2002).

Verbo Xido guía en Cerdedo o último tramo dunha rota organizada polo Concello de Pontevedra na honra de Sarmiento (Novembro 2002).

Presentación no Pazo das Raposeiras (Meilide-Cerdedo) do libro “Cerdedo na obra do Padre Sarmiento”, de Carlos Solla, editado conxuntamente entre Verbo Xido e o Concello de Cerdedo (Decembro 2002).

Inauguración do II Roteiro Sarmiento, polo monte do Seixo (Decembro 2002).

Participación no Pazo de Congresos de Pontevedra, na actividade Mil Primaveras máis para a nosa lingoa que culminaba o Ano Sarmiento, organizado polo Concello de Pontevedra (Decembro 2002).

Realización dunha asemblea xeral anual de socios e socias, seguida dunha cea de confraternidade en Soutelo de Montes (Decembro 2002).

Nº 3 Boletín Verbo Xido (Decembro, 2002).

Edición do traballo gañador do concurso sobre os parques eólicos, elaborado por rapaces de ensino primario (Abril, 2003).

Nº 4 Boletín Verbo Xido (Maio, 2003).

Organización dunha charla e un concerto do grupo musical A Quenlla en Cerdedo (Xullo, 2003).

I Edición de Terra de todos: “Encontros na Terra de Montes”. Na primeira xornada, o escitor Xosé Vázquez Pintor falou dos vellos oficios; na segunda, Luis Gil e Alfredo González abordaron a recuperación da Calzada e a Ponte Romana de Cerdedo e na terceira a poesía e a música déronse a man con Antón Dobao, Elvira Ribeiro, Joseph Ghamine, Uxío Outeiro e a guitarra de Ramón Suárez. (Agosto, 2003)

Nº5 Boletín Verbo Xido (Agosto 2003).

Nº6 Boletín Verbo Xido (Novembro, 2003).

III Roteiro Padre Sarmiento polo Monte de O Seixo, Cerdedo (Decembro 2003).

CETMO:

Exposición do fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado (Maio, 2001).

Campaña informativa dirixida ós colexios da comarca para ofertárlle-la posibilidade de visita-lo Centro Etnográfico da Terra de Montes (CETMO) (Xaneiro 2002).

Visitas guiadas ao CETMO dos Colexios de O Foxo (A Estrada) e Obradoiro de Emprego Terra de Montes IV (Aciveiro-Forcarei) (Marzo 2002).

Visitas guiadas ao CETMO dos Colexios de Montillón e Figueroa, ambos de A Estrada (Abril 2002).

Visita guiada ao CETMO do CEIP de Beariz (Maio 2002).

Visitas guiadas ao CETMO da Asociación de Amigos dos Pazos de Vigo, da Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo, e do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra (Xuño 2002).

Visita guiada ao CETMO dun grupo de rapaces da Asociación de Tempo Libre Mistura, de A Estrada (Xullo 2002)

Visita guiada ao CETMO dun grupo de persoas da 3� Idade da Coruña, organizada polo Centro Comarcal de A Estrada (Outubro 2002).

Visita guiada ao CETMO dun grupo de escolares do CEIP de Soutelo de Montes (Novembro 2002).

Visita guiada dun grupo de persoas pertencentes á Asociación Amigos de Terra de Montes (Febreiro 2003).

Lectura pública do Manifesto redactado por Manolo Rivas para o Concerto Expansivo organizado pola Plataforma Nunca Máis (Marzo 2003).

Exposicións no CETMO de Soutelo, Forcarei (instituto) e Xinzo de Limia das viñetas dos debuxantes de Faro de Vigo Luis Davila e Javier Aguilera sobre o desastre ecolóxico do Prestige (Abril 2003).

Visita guiada ao CETMO dun grupo de pelegríns a Compostela, procedentes dos catro continentes (Xullo 2003).

Visita guiada ao CETMO da Asociación de Mulleres Rurais de Codeseda (A Estrada) (Outubro 2003).

A título individual pasaron polo CETMO varios milleiros de visitantes dende que abriu as portas en 2000 e no rexistro atópanse firmas desde Brasil a EEUU, pasando por Canadá, Australia, Venezuela, Suíza ou Holanda, así como da práctica totalidade das provincias do Estado español.